Presentación do Proxecta Correspondentes Xuvenís no IES de Poio

Introducción

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos da administración autonómica dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros públicos a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato  do IES de Poio participará no programa Correspondentes xuvenís3.0, unha das modalidades do plan Proxecta que ten como finalidade recoller a información en materia de xuventude que se lles envíe desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e  difundila entre o resto do alumnado do centro

Obxectivos.

Difundir a información de interese para a xuventude a través de correos electrónicos, SMS, Redes Sociais, páxina web do centro,  e a través da información da páxina http://www.xuventude.net.

 Informar aos seus compañeiros de instituto das novas e convocatorias que poidan ser do seu interese a través das canles que organicen eles mesmos.

Transmitir  información das actividades, iniciativas e propostas do alumnado do noso centro,  permitindo a súa canalización e potenciando, así, os servizos de información xuvenil entre a mocidade dos centros educativos.

Formar ao alumnado  na xestión do manexo da información, potenciando as súas habilidades sociais e a asunción temperá de responsabilidades.


Transmitir información das actividades que se organizan no noso centro, por exemplo a participación en proxectos europeos,  ou ámbitos cercanos para difundila ao resto da mocidade galega.


 Organización, desenvolvemento e metodoloxía.

O alumnado participante organizarase en grupos de traballo coordinados por unha das profesoras  no proxecto  para levar a cabo as seguintes
actividades:

Organización e xestión do taboeiro de anuncios coas novas máis recentes.
Organización de reunións de delegados para a transmisión de información de interese segundo os niveis e idades.
Organización da transmisión de información a través de redes sociais
Organización da transmisión de información a través da páxina web do centro e outras bitácoras dixitais existentes no centro: blog da biblioteca, blog de clubs de lectura, blogs de proxectos europeos, etc.

Traballaranse as seguintes competencias básicas:

1) Competencia en comunicación lingüística.
2) Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
3) Tratamento da información e competencia dixital.
4) Competencia social e cidadá.
5) Competencia cultural e artística.
6) Competencia para aprender a aprender.
7) Autonomía e iniciativa persoal

Desenvolveranse transversalmente os seguintes valores:

Cooperación e solidaridade
Tolerancia
Responsabilidade
Esforzo
Respecto
Igualdade
Participación e a maduración persoal
 Espírito crítico.

Traballarase con dinámicas activas, colaborativas e centradas na experiencia próxima do alumnado na procura do desenvolvemento de valores desde unha crecente posición crítica e autónoma partindo dos seus intereses, das súas experiencias e dos seus coñecementos previos.
Terá unha especial relevancia o traballo cun repertorio amplo de TICs.