Introducción
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos
da administración autonómica dirixida a fomentar a innovación educativa
nos centros públicos a través de programas que desenvolvan de xeito
paralelo as competencias básicas e a educación en valores.
Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES de Poio participará no programa Correspondentes
xuvenís3.0, unha das modalidades do plan Proxecta que ten como finalidade recoller
a información en materia de xuventude que se lles envíe desde a Dirección Xeral
de Xuventude e Voluntariado e difundila
entre o resto do alumnado do centro
Obxectivos.
Difundir a información de interese para a xuventude a través
de correos electrónicos, SMS, Redes Sociais, páxina web do centro, e a través da información da páxina http://www.xuventude.net.
Informar aos seus
compañeiros de instituto das novas e convocatorias que poidan ser do seu
interese a través das canles que organicen eles mesmos.
Transmitir información das actividades, iniciativas e
propostas do alumnado do noso centro, permitindo a súa canalización e potenciando,
así, os servizos de información xuvenil entre a mocidade dos centros
educativos.
Formar ao alumnado na
xestión do manexo da información, potenciando as súas habilidades sociais e a
asunción temperá de responsabilidades.
Transmitir información das actividades que se organizan no
noso centro, por exemplo a participación en proxectos europeos, ou ámbitos cercanos para difundila ao resto da
mocidade galega.
Organización,
desenvolvemento e metodoloxía.
O alumnado participante organizarase en grupos de traballo
coordinados por unha das profesoras no
proxecto para levar a cabo as seguintes
actividades:
Organización e xestión do taboeiro de anuncios coas novas
máis recentes.
Organización de reunións de delegados para a transmisión de
información de interese segundo os niveis e idades.
Organización da transmisión de información a través de redes
sociais
Organización da transmisión de información a través da
páxina web do centro e outras bitácoras dixitais existentes no centro: blog da
biblioteca, blog de clubs de lectura, blogs de proxectos europeos, etc.
Traballaranse as seguintes competencias básicas:
1) Competencia en comunicación lingüística.
2) Competencia no coñecemento e na interacción co mundo
físico.
3) Tratamento da información e competencia dixital.
4) Competencia social e cidadá.
5) Competencia cultural e artística.
6) Competencia para aprender a aprender.
7) Autonomía e iniciativa persoal
Desenvolveranse transversalmente os seguintes valores:
Cooperación e solidaridade
Tolerancia
Responsabilidade
Esforzo
Respecto
Igualdade
Participación e a maduración persoal
Espírito crítico.
Traballarase con dinámicas activas, colaborativas e
centradas na experiencia próxima do alumnado na procura do desenvolvemento de
valores desde unha crecente posición crítica e autónoma partindo dos seus
intereses, das súas experiencias e dos seus coñecementos previos.
Terá unha especial relevancia o traballo cun repertorio
amplo de TICs.