I Encontro de correspondentes xuvenís

Lugar: Albergue Xuvenil “As Mariñas”, Gandarío

Obxectivos

Ofrecer un espazo de participación entre os correspondentes das Antenas de información xuvenil de Galicia e de Murcia, no que poidan intercambiar as súas experiencias como “mediadores” da información xuvenil nos centros educativos.

Informarlles dos programas e actividades da Dirección Xeral de Xuventude e as novidades para o próximo curso.
Recoller as opinións, inquedanzas e necesidades que plantexen os participantes.

Datas: 27, 28 e 29 de xuño de 2014
Lugar: Albergue Xuvenil “As Mariñas”, Gandarío
Destinatarios: Mozos e mozas que participaron como correspondentes nas antenas de información xuvenil en centros educativos de Galicia e de Murcia.

Programa:

Venres 27:
Recepción dos participantes antes das 18.30 h
As 19.00 h benvida e entrega de certificados de voluntariado, como correspondentes xuvenís, por parte do director xeral de Xuventude, Ovídio Rodeiro Tato.
Actividades
21.00 h. Cea
Actividade Nocturna

Sábado 28:
10.30 h. presentación de actividades da Dirección Xeral de Xuventude para o próximo curso e intercambio de experiências dos correspondentes xuvenís.
11.30 h. Actividades de relación e actividades náuticas.
14.00 h. xantar
16.00 h. actividades de ocio
21.00 h  cea

Domingo 29:
9.00 h. almorzo
10.00 h actividades
14.00 xantar

Fin do encontro