Mostrando entradas con la etiqueta Axudas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Axudas. Mostrar todas las entradas

Iniciativa xove

É un programa que se pon en marcha dende a DXXeV, que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.
Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.
As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre  a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través de proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades.
Estes proxectos irán dirixidos á mocidade da nosa comunidade autónoma e poderanse desenvolver dende o 1 de xaneiro ao 14 de outubro.

http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

Programa de autoemprego para menores de 30 anos

A Consellería de Traballo e Benestar convoca un Programa para a promoción do emprego autónomo de xoves menores de 30 anos, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, para o ano 2014.
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas xoves desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Máis información

Axudas para libros de texto

A Consellería de Educación convoca axudas libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2014/15, para o seu uso neste ano académico.

Máis información