Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas

Aloxamento nas residencias da Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela convoca prazas de aloxamento para o curso académico 2014-2015.
O número total de prazas que se ofertan nesta convocatoria 2014-2015 é de 1071.

Máis información

Bolseiros colaboradores e residencias xuvenís

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2014/2015.

Centros residenciais docentes de A Coruña, Ourense e Vigo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.

Oferta Ciclos formativos


Información sobre a oferta de Ciclos formativos en Galicia

Formación profesional dual

A Consellería de Educación convoca proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos en colaboración con diversas entidades.

Requisitos das persoas solicitantes:

a) Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no momento de inicio do programa formativo, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos no caso dos ciclos de grao superior.
b) Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.
c) Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
d) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

Máis información