Mostrando entradas con la etiqueta Campamentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Campamentos. Mostrar todas las entradas

Campos de traballo no extranxeiro


Oferta campos de traballo internacional

Máis información

Campos de traballo

Acción de verán é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.


Campamentos para persoas con discapacidade

O Servizo de Prevención da Dependencia da Secretaría Xeral de Política Social convoca campamentos para persoas con discapacidade

Persoas destinatarias
As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.

Máis información

Axudas para libros de texto

A Consellería de Educación convoca axudas libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2014/15, para o seu uso neste ano académico.

Máis información

I Encontro de correspondentes xuvenís

Lugar: Albergue Xuvenil “As Mariñas”, Gandarío

Obxectivos

Ofrecer un espazo de participación entre os correspondentes das Antenas de información xuvenil de Galicia e de Murcia, no que poidan intercambiar as súas experiencias como “mediadores” da información xuvenil nos centros educativos.

Informarlles dos programas e actividades da Dirección Xeral de Xuventude e as novidades para o próximo curso.
Recoller as opinións, inquedanzas e necesidades que plantexen os participantes.

Datas: 27, 28 e 29 de xuño de 2014
Lugar: Albergue Xuvenil “As Mariñas”, Gandarío
Destinatarios: Mozos e mozas que participaron como correspondentes nas antenas de información xuvenil en centros educativos de Galicia e de Murcia.

Programa:

Venres 27:
Recepción dos participantes antes das 18.30 h
As 19.00 h benvida e entrega de certificados de voluntariado, como correspondentes xuvenís, por parte do director xeral de Xuventude, Ovídio Rodeiro Tato.
Actividades
21.00 h. Cea
Actividade Nocturna

Sábado 28:
10.30 h. presentación de actividades da Dirección Xeral de Xuventude para o próximo curso e intercambio de experiências dos correspondentes xuvenís.
11.30 h. Actividades de relación e actividades náuticas.
14.00 h. xantar
16.00 h. actividades de ocio
21.00 h  cea

Domingo 29:
9.00 h. almorzo
10.00 h actividades
14.00 xantar

Fin do encontro